Sur das Rías Baixas, comarca situada na costa
atlántica, abrangue a costa Sur da provincia de A Coruña
e toda a de Pontevedra. Estas son máis amplias e abertas que
as Rías Altas(situadas na costa atlántica do norte de
Galicia), e constitúen vales fluviais de indubidable beleza paisaxística
e de gran riqueza agrícola . As máis importantes son as
de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra, e Vigo.
Ó dispoñer de zonas dun relieve máis suave a ocupación
humana é moi intensa, sendo unha das zonas máis poboadas
de Galicia: Muros, Noia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa,
Redondela, Pontevedra, Marín, Cangas, Baiona e Vigo, son os seus
principais centros urbanos, á vez que algúns dispoñen
de importantes portos pesqueiros e comerciais.
Fronte a costa existen moitas illas como a de Arousa,
A Toxa, Ons e Cíes, mentres que a desembocadura do Miño,
na localidade de A Guarda, adoita considerarse a última das Rías
Baixas.