| Gardenia, xénero de arbustos
e arboliños da familia das Rubiáceas. Debe o nome a Alexander Garden,
naturalista e médico estadounidense do século XVIII. Ten ó redor de dous
centenares de especies nativas de países tropicais e subtropicais. Son
plantas moi cultivadas en invernadoiro polas súas flores fermosas e fragantes.
Hai algunhas especies moi rústicas capaces de sobrevivir ao aire libre
en climas de verán cálido. Propáganse por esqueixe.
As flores adoitan ser brancas, infundibuliformes ou gamopétalas (de cáliz
tubular que se abre pola parte superior), co tubo moito máis longo que
a porción aberta. O froito é una baga grande; en varias especies contén
?-crocetina, un composto cristalino empregado para tinxir a seda de amarelo |
 |
O xasmín de O Cabo é unha das especies de gardenia máis apreciadas.
É un arbusto nativo da China, de ata 1,5 m de altura, con flores brancas,
cerosas, moi fragantes. Dúas especies de arbustos o arboliños cultivanse
moito en invernadoiro; unha delas forma flores brancas de tubo largo;
na outra, as flores, de tubo corto, son de color amarelo claro con marcas
púrpura. En América do Sur emprégase a madeira de gardenia, que é dura,
para construir aveños agrícolas. Hai unha especie xaponesa anana, duns
50 cm de altura, cultivada como planta de interior. |